Galicia
Convocatoria 2017 ( temarios, baremos, tipo examen, etc...)
Baremo para formación peremanente
RESUMEN
Para completar el apartado se necesitarían:
Cursos de 110 horas www.cursoshomologadosdocentes.es
https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/21753
Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de ingreso
3.2. Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo polo que se presente, ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou os órganos correspondentes doutras comunidades autónomas ou o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, por institución sen ánimo de lucro sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.
Puntuaranse con 0,1 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas.
Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades estean expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.
Copia compulsada do certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberá ademais acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades a Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.
Baremo para a valoración de méritos para o acceso aos corpos do subgrupo A1 desde corpos do subgrupo A1 e do subgrupo A2
II. Cursos de formación e perfeccionamento superados: máximo 3 puntos.
2.1. Por cada curso de formación e perfeccionamento cunha duración non inferior a 30 horas, recibido ou impartido, convocado por administracións públicas con plenas competencias educativas ou por universidades, ou actividades incluídas no plan de formación permanente organizados por entidades colaboradoras coas administracións educativas ou actividades recoñecidas pola Administración educativa correspondente. .........................................................................0,300 ata 1,500 puntos
Copia compulsada do certificado de asistencia. De non figurar o número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante en que se faga constar a duración en horas.
2.2. Por cada curso de formación e perfeccionamento cunha duración non inferior a 100 horas, recibidos ou impartidos, convocados por administracións públicas con plenas competencias educativas ou por universidades, ou actividades incluídas no plan de formación permanente organizados por entidades colaboradoras coas administracións educativas ou actividades recoñecidas pola Administración educativa correspondente............................................................................ 0,600 ata 1,500 puntos
Copia compulsada do certificado de asistencia. De non figurar o número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante en que se faga constar a duración en horas.
AVISO: Esto es un resumen del baremo de méritos de la convocatoria, para ver el documento completo puedes pulsar en los enlaces colocados anteriormente.